Ir o contido principal
Outras actividades

PRESENTACIÓN DO LIBRO CARTAS DESDE O PRESIDIO

- Galería Sargadelos

O Club Cultural Valle-Inclán presenta o libro Cartas desde o presidio, de Eusebio Cuesta, Eusebio Cuesta, natural de Monforte de Lemos (1904 – 1946), mestre albanel, sufriu presidio durante sete anos (1936 – 1943) acusado de rebelión militar. Nas súas cartas reflicte as inquedanzas e preocupacións familiares ao tempo que fai unha foto semivelada da realidade social do momento. Cartas desde o presidio está editado polo Ateneo Republicano de Valdeorras. Fixo a presentación Basilio Cobo Rodríguez, médico do Centro de Saúde de San Roque, editor e escritor e pronunciou sentidas palabras o fillo do autor, Manuel Cuesta. O Club estivo representado pola súa presidenta, Tonina Gay.

PRESENTACIÓN DO LIBRO OUTRAMENTE DE PILAR GARCÍA NEGRO

- Galería Sargadelos

O Club Cultural Valle-Inclán presenta o libro Outramente dePilar García Negro, editado por Laiovento na súa colección Ensaio con intervencións da autora, de Lucía L. Baio, xefa de opinión que foi de Xornal de Galicia e Tonina Gay, xornalista. María Pilar García Negro (Lugo, 9 de octubre de 1953) é profesora da Universidade da Coruña. Autora de numerosos libros sobre lingua e literatura galegas. É directoraxerente da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Obtivo o XV Premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais 2010 co volume O clamor da rebeldía.Rosalía de Castro: ensaio e feminismo. Foi corredactora da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos e pertence ao seu Comité Científico. Deputada no Parlamento Galego polo BNG desde 1989 a 2003. Outramente recolle os artigos cos que Pilar García Negro colaborou asiduamente durante vinte e dous meses, desde octubre de 2009 ata agosto de 2011, en "Xornal de Galicia". Os artigos aquí contidos recollen as sucesivas entregas ata o mesmo momento en que a superioridade decidiu clausurar a edición en papel e, posteriormente, pechar a dixital.

PRESENTACIÓN DE LA SOMBRA DEL ÁMBAR

- Galería Sargadelos

O Club Cultural Valle-Inclán presenta a novela La sombra del ámbar, de María Luisa Prada Sarasúa. Acompañan á autora a xornalista de "Onda Cero", Lourdes Abuide e a presidenta do club Tonina Gay. María Luisa Prada Sarasúa é natural de Mieres del Camino, Asturias, e reside desde hai tempo en Gijón. Deuse a coñecer na escrita no ano 2004 coa novela Vivir al sol. Posteriormente publicou En el túnel, Una cita en Arlése El hierro del mayoral. La sombra del ámbar ten como escenario A Fonsagrada e o Hospital Psiquiátrico de Conxo e como protagonista a unha moza licenciada en Comunicación Audiovisual á que se lle encarga realizar unha reportaxe sobre a vida dos pacientes acollidos no centro. Unha deles intentará convencer á xornalista do erro que se ven cometendo desde hai trinta anos no tratamento e a investigación policial tras un accidente no que morrera a súa irmá xemelga.

PRESENTACIÓN DO LIBRO CARTOGRAFÍAS DO DERRUBO. ESCRIBIR AO XORNAL

- Galería Sargadelos

O Club Cultural Valle-Inclán e "Difusora de Letras, Artes e Ideas" presentan o libro Cartografías do derrubo. Escribir ao xornal , de Carme Adán. Nel recompílanse os artigos sobre actualidade que escribiu Carme Adán como colaboradora de Xornal de Galicia. Acompañan á autora Branca Rodríguez Pazos, membro do Club Cultural Valle-Inclán e a súa presidenta, Tonina Gay. Carme Adán, é filósofa, ensaísta, política e doutora en Filosofía pola USC. Catedrática de filosofía de ensino secundario. Desde o 2005 até o 2009 foi Secretaria Xeral de Igualdade no goberno da Xunta de Galicia.

Homenaxe a Antonio Gandoy

- Salón de actos do Pazo de San Marcos

O Club Cultural Valle-Inclán rendiu homenaxe a D. Antonio Gandoy Díaz, ao cumplirense o pasado día 11 de febreiro os dez anos do seu pasamento. Para celebrar este acto contouse coa colaboración de "Preescolar Na Casa", programa de Educación Infantil Familiar que D. Antonio creou no ano 1977. Fixeron uso da palabra José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación Provincial de Lugo, Marisol Fernández Rocha, Presidenta da "Fundación Preescolar Na Casa" e Anxo García Bello, do equipo de comunicación de "Preescolar Na Casa", quen presentou o adiovisual D. Antonio Gandoy Díaz (1930 – 2002) O carpinteiro das utopías realizables. Actuou de moderadora Tonina Gay, presidenta do Club Cultural Valle-Inclán.

Debate Os Medios de Comunicación no cine: a Televisión

- Salón de actos do Pazo de San Marcos

O Club Cultural Valle-Inclán e a Asociación da Prensa de Lugo pechan o ciclo dedicado aos medios de comunicación -TV-. Tras a proxección das películas: Quiz show (O dilema), de Robert Redford, O desafío: Frost contra Nixon, de Ron Howard e Un rostro na multitude , de Elia Kazan, hai temas para ser analizados. A televisión que vemos e a televisión que queremos. Televisión e sociedade. Participan no debate - Xulio Xiz Ramil, creador da primeira televisión local de Lugo. - Rocío Cortés Galdo, xefa de cultura e sociedade de El Progreso. - Orestes Currás Ordóñez, correspondente de TVE en Lugo. - Moderan a presidenta da Asociación da Prensa de Lugo, Sabela Corbelle e a presidenta do Club Cultural Valle-Inclán, Tonina Gay.

Centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro

- Galería Sargadelos

O Club Cultural Valle-Inclán celebra o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro programando unha conferencia baixo o título As historias e as xentes de Álvaro Cunqueiro. Foi pronunciada por Mª Xesús Nogueira, Doutora en Filoloxía Galega, profesora na Facultade de Humanidades de Lugo, escritora e crítica literaria. A conferenciante centrouse na inmensa capacidade narrativa e na importancia dos personaxes na obra de Cunqueiro, sexa cal sexa o xénero que trate. Presentadora o acto Mª del Carmen Longarela , secretaria do Club Cultural Valle-Inclán.

Mesa redonda Benestar social: a psiquiatrización do social

- Galería Sargadelos

O Club Cultural Valle-Inclán organiza unha mesa redonda baixo o título Benestar social: A psiquiatrización do Social na que interveñen: - Sagrario Fernández Méndez, traballadora social do HULA - Bernardino Pardo Teijeiro, médico de Nadela. - Luis Vila Pillado, xefe de Servizo de Psiquiatría do HULA. - Modera, Branca Rodríguez Pazos, membro do club. Pecha coloquio

Presentación da iniciativa Sermos Galiza

- Galería Saragadelos

O Club Cultural Valle-Inclán presenta Sermos Galiza, un novo proxecto xornalístico e unha iniciativa que convoca á sociedade máis concienciada na procura dos apoios precisos para o lanzamento dun semanario en papel e dun diario dixital en galego que teñan a Galiza como centro de atención informativa. Neste acto de presentación os membros do Grupo Promotor, María Reimóndez, Néstor Rego, Olaia Rodil, Rubén Lois e Tareixa Campo, en representación da súa irmá Marica, foron os encargados de nos explicar esta andaina xornalística.

PRESENTACIÓN DO LIBRO CAMAS DE HIERBA

- Galería Sargadelos

O Club Cultural Valle-Inclán presenta o libro Camas de hierba"Ediciones Vitruvio" de Héctor Acebo. Acompañan ao autor o profesor e escritor Claudio Rodríguez Fer, o periodista Javier Rivera e a presidenta do club Tonina Gay. Camas de hierba é un poemario escrito baixo a tutela de Antonio Martínez Sarrión, un dos grandes poetas e memorialistas vivos, e conforma o número 248 de “Baños del Carmen”, a principal colección de "Ediciones Vitruvio". Héctor Acebo (San Tirso de Abres, Asturias, 1987 ) é licenciado en Periodismo pola Universidad Complutense, escribe artigos de opinión e de crítica literaria e cinematográfica en varios medios impresos e dixitais. Na actualidade, ademáis de xefe de opinión en "La huella digital", colabora no diario asturiano "La Nueva España", e en "La Comarca del Eo",semanario editado por "El Progreso". www.lahuelladigital.com/claudio-rodriguez-fer-apadrino-literariamente-a-hector-acebo-en-lugo/ llavedeloscampos.blogspot.com.es/2011_09_01_archive.html

Letras Galegas 2011 Lois Pereiro

- Galería Sargadelos

O Club Cultural Valle-Inclán celebra as letras galegas ao tempo que se achega á figura de Lois Pereiro, autor designado pola Real Academia Galega para homenaxear no ano 2011. Mª Xesús Nogueira, doutora en Filoloxía Galega, profesora na Facultade de Humanidades de Lugo, escritora e crítica literaria pronunciou unha conferencia co título Lois Pereiro: furia, poesía, vida. A poñente é autora do libro Diccionario Lois Pereiro, publicado por "3C3 Editores", con limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín.

Debate A Cultura en Lugo

- Salón de actos do Pazo de San Marcos

Con motivo das eleccións municipais que terán lugar o día 22 de maio de 2011, o Club Cultural Valle-Inclán organiza un debate sobre A cultura en Lugo. Asociacionismo cultural, programación, relacións coas institucións e colaboracións, infraestruturas…, entre outras cuestións, serán analizadas e valoradas nun acto, seguido de coloquio. Participan: - Xosé Clemente López Orozco, alcalde da cidade e cabeza de lista polo PSdeG PSOE. - Xaime Castiñeira Broz cabeza de lista polo PP. - Antón Bao Abelleira, cabeza de lista polo BNG. - Modera Tonina Gay, presidenta do Club Cultural Valle-Inclán.

Mesa redonda Tráfico e cidadanía

- Salón de actos do Pazo de San Marcos

O Club Cultural Valle-Inclán programa unha mesa redonda baixo o título Tráfico e cidadanía na que se intentará analizar un tema do máximo interese para a convivencia automóbil – cidadán na cidade de Lugo. Tras a exposición dos catro poñentes abrirase coloquio. Participan: - Erundina Pérez Roibás, Directora de Autoescola - Jorge Sanmiguel, Voceiro da Policía Local - Adela Figueroa, en representación de ADEGA - Jaime Gueimonde, Presidente de UNAVE e da Asociación de Veciños Gatos Roxos. - Modera Felipe Arias Vilas, da directiva do Club Cultural Valle-Inclán

Mesa redonda Medio ambiente e resíduos urbáns

- Salón de actos do Pazo de San Marcos

O Club Cultural Valle-Inclán programa unha mesa redonda sobre Medio ambiente e residuos urbáns. Participantes: - Luís Lamas Novo, presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA). -Valentín Arias Pontón, presidente da Asociación de Veciños da Milagrosa. - Lois Toirán, en representación de ADEGA. -Lino González Dopeso, concelleiro de medio ambiente. - Modera, Mª Carmen Longarela Pena, secretaria do Club Cultural Valle-Inclán.