Ir o contido principal
Sesións de Filmoteca marzo 2024
Sesións de Filmoteca marzo 2024

O Club Cultural Valle-Inclán inicia as "Sesións de Filmoteca" de 2024 de acordo co convenio de colaboración Xunta de Galicia e FECIGA (Federación de Cineclubes de Galicia).

Este mércores, día 13 de marzo, proxectarase o filme Á procura da estrela, dirixida por Carlos Martínez-Peñalver Mas, quen asistirá á presentación.

Carlos Martínez-Peñalver é Graduado en Comunicación Audiovisual por Universidade de Santiago e Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. Director e montador, entre os seus traballos destaca o seu labor de axudante de montaxe na película Mimosas, de Oliver Laxe.

Proxección no Salón de Actos da Casa do Saber, sesión 19:30 horas.

Entrada libre e de balde para socios do Club Cultural Valle-Inclán e comunidade universitaria, resto do público cota correspondente de socio, 2€.