Terceiro acto do Valle-Inclán en homenaxe a Begoña Caamaño e á celebración das Letras Galegas de 2026.
Xornalismo con sinatura de muller é o título dun encontro con Margarita Ledo Andión e Ana Romaní Blanco, membros da Real Academia Galega, xornalistas e escritoras, con recoñecidos traballos nas artes audiovisuais: o cine de Margarita e a radio de Ana.
Terá lugar o xoves, día 26 de novembro, no Salón de Actos da Deputación Provincial, ás 19:30 horas.
Entrada libre.