Ir o contido principal
Pola Mariña occidental lucense, de faro en faro (Festa do socio)
Pola Mariña occidental lucense, de faro en faro (Festa do socio)

O domingo 28 de abril o Club Cultural Valle-Inclán celebrará a súa acostumada Festa anual do Socio cunha viaxe pola Mariña occidental lucense, nun percorrido que podemos denominar como “de porto en porto” e “de faro en faro”, pois veremos, no concello de Xove, a antiga baleeira e e os curiosos dolos e ‘cantís de papel` do portiño de Morás, e polo miradoiro arqueolóxico do S. Tirso Vello de Portocelo iremos ata o faro da Punta Roncadoira para ir logo, xa no concello de Viveiro, ata o cabo de Monte Faro e o porto de Celeiro.