CINE / PROGRAMACIóNInicio

El sueño eterno El sueño eterno / Día 15 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Howard Hawks
País: Estados Unidos
Ano: 1946
Xénero: Cine negro. Intriga | Policíaco. Crime
Duración: 114 minutos
Produción: Warner Bros. Pictures
Guión: William Faulkner, Leigh Brackett, Jules Furthman (Novela: Raymond Chandler)
Dirección de Fotografía: Sid Hickox (Branco e Negro)
Música: Max Steiner

INTÉRPRETES: Humphrey Bogart, Lauren Bacall, John Ridgely, Martha Vickers, Dorothy Malone, Regis Toomey, Elisha Cook Jr., Peggy Knudsen

SINOPSE:

Un xeneral millonario e excéntrico ten dúas fillas que están involucradas en asuntos máis ben turbios. Decide entón chamar ao detective privado Philip Marlowe para que resolva os seus problemas familiares. Cando Marlowe empeza a investigar, descobre moi pronto que as diversas ramificacións do asunto o converten nunha auténtica maraña.

Los sobornados Los sobornados / Día 16 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Fritz Lang
País: Estados Unidos
Ano: 1953
Xénero: Cine negro. Intriga. Thriller | Policíaco. Crime
Duración: 90 minutos
Produción: Columbia Pictures
Guión: Sydney Boehm (Novela: William P. McGivern)
Dirección de Fotografía: Charles Lang (Branco e Negro)
Dirección de Arte: Robert Peterson
Música: Daniele Amfitheatrof

INTÉRPRETES: Glenn Ford, Gloria Grahame, Jocelyn Brando, Alexander Scourby, Lee Marvin, Jeanette Nolan, Peter Whitney, Willis Bouchey, Robert Burton, Adam Williams, Howard Wendell, Chris Alcaide

SINOPSE:

Tras suicidarse, o policía Tom Duncan deixa unha carta na que confesa terse deixado subornar por unha banda de gángsters, pero tamén denuncia a corrupción de altos funcionarios. Cando o sarxento Dave Bannion trata de esclarecer a súa morte tropeza con toda clase de obstáculos.
 

Sed de mal Sed de mal / Día 17 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Orson Welles
País: Estados Unidos
Ano: 1958
Xénero: Cine negro. Intriga | Crime. Policíaco. Secuestros / Desaparicións
Duración: 108 minutos
Produción: Universal Pictures
Guión: Orson Welles (Novela: Whit Masterson)
Dirección de Fotografía: Russell Metty (Branco e Negro)
Música: Henry Mancini

INTÉRPRETES: Charlton Heston, Janet Leigh, Orson Welles, Marlene Dietrich, Joseph Calleia, Akim Tamiroff, Dennis Weaver, Ray Collins, Mercedes McCambridge, Joseph Cotten, Zsa Zsa Gabor.

SINOPSE:

Un axente da policía de narcóticos (Heston) chega á fronteira mexicana coa súa esposa xusto no momento en que explota unha bomba. Inmediatamente faise cargo da investigación contando coa colaboración de Quinlan (Welles), o xefe da policía local, moi coñecido na zona polos seus métodos expeditivos e pouco ortodoxos. Unha loita feroz desátase entre os dous homes, pois cada un deles ten probas contra o outro.

Anatomía de un asesinato Anatomía de un asesinato / Día 19 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de actos da Deputación Provincial
Director: Otto Preminger
País: Estados Unidos
Ano: 1959
Xénero: Drama | Drama xudicial
Duración: 160 minutos
Produción: Columbia Pictures
Guión: Wendell Mayes (Novela: Robert Traver)
Dirección de Fotografía: Sam Leavitt (Branco e Negro)
Música: Duke Ellington

INTÉRPRETES: James Stewart, Lee Remick, Ben Gazzara, Arthur O Connell, George C. Scott, Eve Arden, Kathryn Grant, Joseph N. Welch, Duke Ellington.

SINOPSE:

Frederick Manion (Ben Gazzara), un tenente do exército, asasina friamente ao presunto violador da súa muller Laura (Le Remick). Tras a súa detención, celébrase o xuízo. A súa muller contrata como avogado defensor a Paul Biegler (James Stewart), un honrado home de leis. Durante o xuízo reflectiranse todo tipo de emocións e paixóns, dende os celos á rabia. Un dos dramas xudiciais máis famosos da historia do cine.