MEMORIAS 2011Inicio

CINE
SEGUNDO CICLO DE CINE BRASILEÑO, en colaboración coa Embaixada de Brasil.
* Día  2 de febreiro: O outro lado da rua, de Marcos Bernstein.
* Día 11 de febreiro : Terra estrangeira, de Walter Salles.
* Día 16 de febreiro: Besouro, de João Daniel Tikhomiroff.
* Día 24 de febreiro: O invasor, de Beto Brant.
Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial de Lugo, ás 20,00. Entrada libre e gratuíta.

CICLO DE CINE ADICADO A MULLER.
*Día 16 de marzo: Mulleres de El Cairo, de Yousry Nasrallah. Exipto,
*Día 23 de marzo: Madame de... de Max Ophüls. Francia
*Día 30 de marzo: As Praias de Agnès, documental autobiográfico de Agnès Varda. En colaboración coa Embaixada de Francia.
Salón de Actos da Deputación, ás 20:00 h. Entrada libre e gratuíta.

CICLO “LECCIÓNS DE CINE”
* Día 17 de outubro. Proxección de Vertigo, de Alfred Hitchcock.
* Día 20 de outubro. "O traballo de actor".  Antonio Mourelos.
* Día 27 outubro. "A produción". Pepe Coira.
* Día 3 novembro. "A dirección". Jorge Coira.
* Día 10 novembro. "A dirección artística". Antonio Pereira.
Salón de actos do Pazo de San Marcos, 20,00 horas.
Entrada libre e gratuíta.

SEMANA DE CINE
(En colaboración coa Asociación da Prensa de Lugo).
* Día 13 de decembro: Quiz Show (O Dilema), de Robert Redford.
* Día 14 de decembro: O Desafío: Frost contra Nixon, de Ron Howard.
* Día 15 de decembro: Un rostro na multitude, de Elia Kazan.
* Día 16 de decembro: Debate “A TV que vemos”. Interveñen Julio Giz Ramil, Rocío Cortés Galdo e Orestes Currás Ordóñez. Moderan Sabela Corbelle, Presidenta da Asociación da Prensa de Lugo e Tonina Gay, Presidenta do Club Cultural Valle-Inclán.
Salón de actos do Pazo de San Marcos, ás 20,00 horas.
Entrada libre e gratuíta.

VIAXES
*Día 27 de febreiro: Val do Lor e terras de Quiroga: Froxán – Vilamor – Santa María de Folgoso – Pregamento de Campodola – Quiroga (Santuario da Ermida, Hospital de Quiroga) – Ponte de Barxa de Lor.
* Día 1 maio: O Morrazo: Petroglifos de Mogor (Marín) – Bueu (Museo Massó) - Cruceiro do Ío - Colexiata de Cangas – dolmens e parque natural de Cotorredondo.
* Días 28-29 maio: O Baixo Miño: Pesqueiras de Arbo – paso da fronteira a Melgaço - estrada portuguesa ata Monçâo – Salvaterra (castelo) – TUI (hotel) – Monte de Sta. Tegra – Mosteiro de Oia – Panxón (paseo marítimo e Templo Votivo).
* Día 5 xuño: Viaxe coa Sociedad Filarmónica de Lugo e concerto de órgano en Xunqueira de Ambía,(intérprete, Marisol Mendivi). Visita a Sta. Mariña de Augasantas - Baños de Molgas  - Castelo de Maceda.
* Días 11-12 xuño: Serra de Peneda-Gerês (Norte de Portugal) Portela de Home (miliarios) - Ponte da Barca - Pousada de Santa María de Bouro - BRAGA (hotel) San Fructuoso de Montelios - Ponte de Lima - Castelo de Lindoso – Lobios - Santa María a Real de Entrimo - Santa Comba de Bande.
* Día 26 xuño: Festa do Socio. Terras do Miño: Insua de Borneiros - Casa Grande da Fervenza -Museo etnográfico - Bosque da Fervenza.
* Día 21 setembro. Km O: Taboada Histórica: Xantar en Taboada -Visita ao conxunto monumental de Taboada dos Freires - Pazo da Nogueira, en Cecillán - Conxunto monumental de San Pedro de Bembibre - Desprazamento de Taboada a Mourelle: embarcadoiro e paisaxe sobre o río Miño. 
* Día  25 setembro. Península de Bezoucos: Mugardos – Sta. Catalina de Montefaro (antigo convento) – Miradoiro A Bailadora- Ares – Redes-Caamouco (conxunto etnográfico pesqueiro).
* Día 23 outubro. Bierzo e Valdeorras: Cacabelos (Museo Arqueolóxico e Etnográfico, rúas históricas da peregrinación, igrexa das Angustias e de Sta. María) - Palacio de Canedo - (posible xantar en Cacabelos) - Castelo de Cornatel – Pazo do Castro (Valdeorras).
* Día 13 de novembro: “pulpada do socio”. Ás 12 reunirémonos na Praza de Santa María para subir á torre das campás da Catedral. Despois faremos un percorrido polo que foi o acueduto romano. Seguirá xantar

EXPOSICIÓN
*Día 22 de  marzo: Cen por cen Seoane. Visita guiada. Sala de exposicións de Fundación Caixa Galicia, Praza Maior, ás 19,00 horas.

LETRAS GALEGAS
* Día 11 de maio: conferencia Lois Pereiro: Furia, Poesía, Vida a cargo de  Mª Xesús Nogueira, doutora en Filoloxía Galega,  profesora na Facultade de Humanidades de Lugo, escritora e crítica literaria.
Galería Sargadelos, Praza de Santo Domingo, ás 20,00 horas.
Entrada libre e gratuíta.
Presentación do Marcador  dedicado a Lois Pereiro.
* Día 28 de novembro: centenario de  Cunqueiro. Conferencia de Mª Xesús Nogueira As historias e as xentes de Álvaro Cunqueiro.
Galería Sargadelos, ás 20,15 horas.

DEBATES
* Día 28 de febreiro: Medio ambiente e residuos urbáns. Participan: Luís Lamas Novo, presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA). Valentín Arias Pontón, presidente da Asociación de Veciños da Milagrosa. Lois Toirán, en representación de ADEGA. Lino González Dopeso, concelleiro de medio ambiente. Modera Mª do Carmen Longaraela Pena, secretaria do Club Cultural Valle-Inclán. Ás 20,00 horas,  no salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial de Lugo. Entrada libre e gratuíta.
* Día 28 de marzo: Tráfico e cidadanía Participan: Erundina Pérez Roibás, Directora de Autoescola.  Jorge Sanmiguel, Voceiro da Policía Local.  Adela Figueroa, en representación de ADEGA. Jaime Gueimonde, Presidente de UNAVE e da Asociación de Veciños Gatos Roxos. Modera Felipe Arias Vilas, da directiva do Club Cultural Valle-Inclán. Ás 20,00 horas, no salón de actos do Pazo de San Marcos. Entrada libre e gratuíta.
* Día 28 de abril: Con motivo das eleccións municipais do 22 de maio, debate sobre A cultura en Lugo. Participan Xosé Clemente López Orozco, alcalde da cidade e cabeza de lista polo PSdeG PSOE. Xaime Castiñeira Broz cabeza de lista polo PP. Antón Bao Abelleira, cabeza de lista polo BNG. Modera Tonina Gay, presidenta do Club Cultural Valle-Inclán. Ás 20,00 horas, no salón de actos do Pazo de San Marcos. Entrada libre e gratuíta.

* Día 24 de novembro: mesa redonda  Benestar social: A psiquiatrización do Social
Interveñen: Sagrario Fernández Méndez, traballadora social do HULA
Bernardino Pardo Teijeiro, médico de Nadela.
Luis Vila Pillado, xefe de Servizo de Psiquiatría do HULA.
Modera: Branca Rodríguez Pazos
Ás 20,00 horas, na Galería Sargadelos.

PRESENTACIÓNS
* Día 27 setembro. Claudio Rodríguez Fer presentará o libro de Héctor Acebo Camas de hierba (poesía). Galería Sargadelos, 20,00 horas.
* Día 24 de outubro: presentación da iniciativa Sermos Galiza, un novo proxecto xornalístico e unha iniciativa que convoca a sociedade máis concienciada na procura dos apoios precisos para o lanzamento dun semanario en papel e dun diario dixital en galego que teñan a Galiza como centro de atención informativa.
Neste acto de presentación os membros do Grupo Promotor, María Reimóndez, Néstor Rego, Olaia Rodil e Rubén Lois foron os encargados de nos explicar esta andaina xornalística.  Galería Sargadelos, ás 20,00 horas