Ir o contido principal
Ciclo de cinema Outras miradas
Ciclo de cinema Outras miradas

A Asociación Juan Casaveteiro invita ao Valle-Inclán a participar do Ciclo de cinema Outras Miradas que comeza o día 1 de decembro e extenderase ata mediados de decembro. Incluirán unha conferencia sobre historia do cinema palestino; unha sesión dedicada ao cinema da cineasta Jocelyne Saab, cronista dos conflitos de Oriente Medio e das súas consecuencias; e dúas sesión centradas no traballo do Colectivo Cine Mujer (México), pioneiro na representación das loitas feministas en América Latina desde os anos 70.

O ciclo conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Todas as actividades se realizarán no Salón de Actos da Deputación, ás 19:30 horas. Entrada libre ata completar cabida.

Conferencia e proxeccións

  • Palestina no cinema. Fragmentos dunha historia (Charla-coloquio)

Martes 1 de decembro. 19:30 horas.

  • Jocelyne Saab. Exilio interior.

Mércores 2 de decembro. 19:30 horas.

Sur do Líbano: historia dunha vila asediada (1976), Carta de Beirut (1979), Beirut, a miña cidade (1982)

  • Colectivo Cine Mujer

Martes 15 de decembro. 19:30 horas

Cosas de mujeres (Rosa Martha Fernández, 1975-1978), Rompiendo el silencio (Rosa Martha Fernández, 1979)

Mércores 16 de decembro. 19:30 horas

Vicios en la cocina, las papas silban (Beatriz Mira, 1978), Bordando la frontera (Ángeles Necoechea, 1986)