NOVASInicio
  • 23 Febreiro 2019. Hora: 08:00. Celanova

    Viaxamos por terras ourensás: de Celanova á fronteira portuguesa.

    Viaxe 254

    Os días 23 e 24 de febreiro viaxamos por terras ourensáns: de Celanova á fronteira portuguesa, co seguinte itinerario:
    Lugo (saída ás 8 h. da rúa Dinán) - (Ourense) - A Merca - Vilanova dos Infantes - Celanova (hotel) - Castromao.
    Celanova - Bande - Sta. Comba de Bande (tamén ó lado da estrada principal) - Entrimo - fronteira portuguesa - Lindoso, e regreso a Lugo.

  • 20 Febreiro 2019. Hora: 19:30. Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial.

    Retrospectiva de Costa Gavras: cine político, nunha semana programada para finais de febreiro de 2019

    Retrospectiva Costa Gavras: cine político

    RETROSPECTIVA COSTA GAVRAS: CINE POLÍTICO
    Semana programada polo Club Cultural Valle-Inclán que se desenvolverá de acordo co seguinte programa:
    * Día 20 de febreiro: Z - 1969 - Argelia     
    * Día 21 de febreiro: La confesión - 1970 - Francia   
    * Día 25 de febreiro: Sección especial – 1975 - Francia   
    * Día 26 de febrero: La Caja de música.- 1989 - USA     
    Salón de Actos da Deputación Provincial, en sesión de 19:30 horas.
    Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.
     

  • 27 Xaneiro 2019. Hora: 10:30. Comarca de Penarrubia

    Visitamos a comarca de Penarrubia para achegármenos á figura de José Da Riva e visitamos a exposición na súa memoria no MIHL

    Viaxe 253

    Visita á Exposición J. Da Riva no MIHL e viaxe pola comarca de Penarrubia: parroquias lucenses de Orbazai, Adai e Mera (posible xantar no Mesón de Crecente), igrexas románicas de S. Román e Sta. Cruz da Retorta (Guntín), e pola tarde visita á exposición do MIHL de Lugo.

  • 22 Xaneiro 2019. Hora: 19:30. Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

    Iniciamos as actividades de 2019 coa proxección dun novo ciclo de Novocine

    Novocine

    En colaboración coa Embaixada de Brasil e a Fundación Cultural Hispano-Brasileña, o Club Cultural Valle-Inclán programa nos meses de xaneiro e febreiro un novo ciclo de Novocine. Serán catro filmes dos sete que se presentaron este novembro pasado en Madrid, dentro da programación que se ven facendo desde hai doce anos coas últimas e máis premiadas produccións da cinematografía de Brasil.
    Programa:
    * Día 22 de xeneiro: O filme da miña vida. Selton Mello                      
    * Día 31 de xaneiro: Bingo, o rei das manhãs. Daniel Rezende            
    * Día 07 de febreiro: Alguma Coisa Assim. Emir Filho e Mariana Bastos 
    * Día 14 de febrero: Antes que eu me esqueça. Tiago Arakilian           
    Salón de Actos da Deputación Provincial, en sesión de 19:30 horas.
    Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

    Máis información en Cine - programación.


<<<123456...41