Ir o contido principal
Sesións de Filmoteca outubro-novembro 2026
Sesións de Filmoteca outubro-novembro 2026

O Club Cultural Valle-Inclán volve ao cine o 14 de outubro e inicia o programa cun novo ciclo de “Sesións de Filmoteca”.

Cine clásico de Vittorio de Sica, cine novo de Jonás Trueba e cine de animación co último filme do mestre do xénero Jean-François Laguionie.

Programa:

14 de outubro: El ladrón de bicicletas, de Vittorio de Sica (1948) 88 min

21 de outubro: Dos mujeres, de Vittorio de Sica(1960)  100 min

28 de outubro: Los ilusos 13+13, de Jonás Trueba (2026) 93 min

4 de novembro: Un barco en el jardín, de Jean-François Laguionie (2024) 75 min

Salón de Actos da Casa do Saber, sesión 19:30 h

Iniciada a proxección, non se permitirá o acceso á sala. Entrada libre para socios do club e comunidade universitaria, resto do público cota proporcional de socio.

“Sesións de Filmoteca” realízase en colaboración coa Filmoteca de Galicia e segundo convenio asinado por Xunta de Galicia e FECIGA (Federación de Cineclubes de Galicia).