Ir o contido principal
Retrospectiva de Jafar Panahi (Irán)
Retrospectiva de Jafar Panahi (Irán)

Jafar Panahi é unha figura emblemáticas do cine iraniano e un referente mundial da liberdade creativa fronte á censura. Nado en 1960 , comezou a súa carreira como asistente de dirección de Abbas Kiarostami, e pronto se consolidou como unha voz propia cunha mirada profundamente humana e crítica. As súas películas, como O globo branco (1995), O espello (1997), O círculo (2000) ou Offside (2006), combinan realismo, sutileza e valentía, explorando temas como a condición feminina, a desigualdade social e a tensión entre individuo e Estado. Ao longo da súa carreira, Panahi foi perseguido, censurado e encarcerado polo réxime iraniano. En 2010 foi condenado a seis anos de prisión e vinte de prohibición de filmar, escribir guións ou saír do país. Con todo, o seu espírito indomable levouno a seguir creando en condicións extremas.

O Valle-Inclán ten programado case todas as películas de Jafar Panahi, segundo se foron estreando. Agora, ofrece unha retrospectiva cos seus

* Día 18 de maio: El globo blanco. Ano 1995 – 95 min - 7,0

* Día 25 de maio: El espejo. Ano 1997 – 96 min – 6,6

* Día  1 de xuño: Crimson Gold (Sangre y oro). 2003 – 97 min - 6,6

* Día  8 de xuño: Offside (Fuera de juego). Ano 2006 –91 min - 6,7

Salón de Actos de O Vello Cárcere, Sesión 19:30. Entrada de balde ata completar a cabida. Iniciada a proxección, non se permitirá o acceso á sala