AXENDA / NOVASInicio
  • 08 Xuño. Salón de Actos da Casa do Saber

    Presentamos Un polbo en San Froilán, de Foolmakers

     Un polvo en San Froilán, de Foolmakers

    O Club Cultural Valle-Inclán presenta o CD Un polvo en San Froilán de Foolmakers, a banda de jazz de Lugo integrada por catro psiquiatras do HULA: Paula Cores, voz, Luis González, guitarra e voz, Luis Vila, piano e Isidro Gómez, batería, máis o contrabaixo e baixo eléctrico Carlos Doval.
    Un polvo en San Froilán contén oito temas popularizados por Ella Fitzgerald, Ray Charles e Rita Hayworth, entre outros, a maioría con versións en galego.
    Participarán Paula Cores, Pilocha, que ten una pequeña intervención no disco, e Luis Vila. Polo Valle-Inclán Tonina Gay.
    Este acto terá lugar ás 20:00 horas e irá aacompañado de ilustracións musicais.