Durval e a súa nai Carmita viven dende hai moitos anos nunha casa onde funciona a tenda Durval Records, moi coñecida no pasado, pero que hoxe está en total decadencia. Todo debido á insistencia de Durval en non vender CD, manténdose fiel aos discos de vinilo. Ata que un día contratan unha asistenta, Celia, para axudar a Carmita coas tarefas do fogar. Celia vén acompañada por unha nena chamada Kiki. Ao pouco tempo Celia desaparece deixando a Kiki con Durval e Carmita, que se sorprenden coa actitude de Celia pero acaban quedando coa nena. Ata que, no telexornal, descobren quen son de verdade Celia e Kiki.
BANDA SONORA 01. Mestre Jonas - Os Mulheres Negras 02. Que Maravilha - Jorge Ben 03. Maracatu Atômico - Gilberto Gil 04. Madalena - Elis Regina 05. Irene - Caetano Veloso 06. Ovelha Negra - Rita Le 07. Back In Bahia - Gilberto Gil 08. Alfômega - Caetano Veloso 09. Besta É Tu - Novos Baianos 10. Xica dá Silva - Jorge Ben 11. London,London - Gal Costa 12. Pérola Negra - Luiz Melodia 13. Mestre Jonas - Sá, Rodrix E Guarabyra.
Versión orixinal con subtítulos en castelán.
En colaboración coa Embaixada de Brasil.