O Club Cultural Valle-Inclán pecha o programa de “Sesións de Filmoteca” do primeiro semestre do ano coa proxección de dous filmes nos que Cuba está presente. Tamén o Congo, a guerra fría, primeiras figuras do jazz: Louis Armstrong, Dizzy Gillespie, Nina Simone, John Coltrane, Duke Ellington, Miriam Makeba e políticos: Patrice Lumumba, Nikita Khrushchev, Gamal Abdel Nasser, Fidel Castro…
* Día 3 de xuño: Adiós Cuba, de Rolando Díaz. España, Cuba, USA – 2025. 100 min
* Día 10 de xuño: Banda sonora para un golpe de estado, de Johan Grimonprez. Bélgica, Francia, Holanda – 2024. 150 min.
Salón de Actos da Casa do Saber, sesión de 19:30 h.
Iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala.
Actividade segundo convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e Xacobeo 2027.