Ir o contido principal
Ciclo Agora non é antes; O estado do mundo hoxe, Antón Losada
Ciclo Agora non é antes; O estado do mundo hoxe, Antón Losada

O Club Cultural Valle-Inclán pecha o ciclo “Agora non é antes”, unha das actividades coas que celebra os 60 anos. En catro capítulos presentouse o libro de Antón Baamonde que co seu título lle deu nome ao ciclo; o “Antes” analizado en diálogo entre políticos dos sesenta/setenta; o “Agora” nunha mesa redonda composta por persoas nacidas despois da transición.

Antón Losada, Profesor da USC, periodista, escritor, político, pon o remate con unha conferencia baixo o título O estado do mundo hoxe. ¿Está en perigo a democracia?. Unha análise posible, ao “Futuro”.

Terá lugar este martes, día 2 de xuño, no Salón de Actos da Casa do Saber, ás 19:30 horas. Entrada libre ata completar cabida.