Ir o contido principal
Western
Ciclo
Sesións de Filmoteca outubro 2018
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Casa do Saber
Director
Valeska Grisebach
Pais
Alemaña, Austria, Bulgaria
Ano da produción
2017
Xénero
Drama | Inmigración
Duración
121
Produtores
Komplizen Film
Director de Fotografía
Bernhard Keller
Montaxe
Bettina Böhler
Guión
Valeska Grisebach
Intérpretes
Meinhard Neumann, Reinhardt Wetrek, Waldemar Zang, Detlef Schaich<br /><br />
<br /><br />
Sinopse

Un grupo de traballadores alemáns chega a unha afastada vila búlgara para construír unha central hidráulica. Mais perante a falta de recursos e agardando por eles, matan o tempo con actividades anódinas. A súa actitude fachendosa coa paisaxe, a contorna e as mulleres da aldea conformarán elementos de tensión cos habitantes do lugar, cos que só un dos traballadores semella desenvolver unha relación cordial e de curiosidade.
Tomando varias das constantes temáticas do western e a capacidade do xénero para realizar un comentario político, Grisebach crea un relato poliédrico, en que un dos principais intereses é a desigualdade que debuxa entre o concepto económico da Europa do Norte / Sur ou as tensións políticas latentes do Oeste / Leste.

VOSE


 

Premios
2017: Festival de Cannes: Un Certain Regard (Sección oficial) 2017: Festival de Mar del Plata: Mlljor director 2017: Festival de Sevilla: Premio Especial do Xurado 2017: Premios del Cine Alemán: Nominada a Mellor película Mellor director