O Club Cultural Valle-Inclán, en colaboración coa Fundación Galiza Sempre, proxecta 1846 Revolución Galega. Documental que recolle o resultado de anos de traballo de investigación do profesor de lingua e literatura galega de Moraña, César Caramês, para recuperar do ostracismo un dos episodios máis importantes da historia contemporánea de Galiza.
Presentación e coloquio co director, que será presentado por Felipe Arias Vilas.
Casa do Saber, xoves, 22 de outubro, en sesión de 20:15 horas.
Entrada libre e de balde ata completar cabida. Iniciada a proxección, non se permitirá o acceso á sala.