Ir o contido principal
Miguel Blanco Hortas presenta a obra dos cineastas cubanos Fernando e Miñuca Villaverde
Miguel Blanco Hortas presenta a obra dos cineastas cubanos Fernando e Miñuca Villaverde

Unha selección de curtas destes artistas que comezaron a súa carreira na Cuba despois da revolución para logo viaxar aos Estados Unidos e finalmente asentarse en Barcelona. Nestes últimos anos a súa obra sufriu unha profunda posta valor despois de anos de esquecemento e discriminación debido á súa visión crítica da Cuba pos revolucionaria. Unha mirada independente que non se axustaba as visións canónicas nin as loitas ideolóxicas dos diferentes espectros políticos. Demasiado críticos para ser aceptados pola esquerda institucional e demasiado independentes e libres para poder ser incluídos dentro dun cinema de exiliados anticastristas, os Villaverde mesturan a crónica documental co cine intimista e artístico, influenciados polos movementos de rexistro inmediato da realidade das loitas políticas dos anos sesenta como pola vangarda artística de Nova Iorque desa época, cidade na que viviron e na que compartiron experiencias con moitos cineastas fundamentais da escena cinematográfica estadounidense.

Os filmes serán introducidos e postos en contexto por Miguel Blanco Hortas.

Salón de actos da Deputación, sesión de 19:30 h. Entrada libre e de balde ata completar cabida.