AXENDA / NOVASInicio
  • 17 Outubro 2013. Hora: 20:00. Museo Provincial de Lugo

    CONFERENCIA: A MINERÍA ROMANA DO OURO NO S.E. DA PROVINCIA DE LUGO, POR LUÍS LÓPEZ GONZÁLEZ

    CASTROS GALAICOS E MINAS ROMANAS NA PROVINCIA DE LUGO

    Luís Francisco López González
    Licenciado en Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade Complutense de Madrid e colaborador co Departamento de Historia Antiga e Prehistoria do Centro de Estudios Históricos do CSIC e de varias universidades baixo a dirección de expertos como Javier Arce, Manuel Fernández-Miranda e Germán Delibes.
    De 1988 a 1996, intégrase no proxecto de intervención de estudos sobre a Zona Arqueolóxica de Las Médulas", dirixido por Javier Sánchez-Palencia, participando tamén noutros proxectos de investigación en áreas veciñas como a dos ríos Boeza, Duerna e do Sil, onde investiga el territorio ná época de transición do mundo prerromano ao romano.
    Desde 1990 dirixe a investigación subvencionada pola Xunta de Galicia Caurel-Val de Quiroga: estrutura social e territorio, que conformou a súa tese de licenciatura. A partir de 1995 investiga sobre a minería aurífera e o poboamento castrexo na cunca alta do río Navia, con diversos traballos de prospección e escavación, por exemplo nos castros de Cervantes en Lugo e no de Chano nos Ancares leoneses. Xunto con Yolanda Álvarez, traballa en áreas bercianas, lucenses e leonesas, documentando a transición do mundo prerromano ao romano e o claro impacto da minería romana nestas zonas.
    Fundou a empresa arqueolóxica Terra-Arqueos S.L., codirixindo e participando na escavación e posta en valor de xacementos como os castros de Laias, de Vilela en Taboada, de Dorra, de Orellán, os de Vigo e Sta. Tegra, o de Baroña, o de Chao Samartín, a Capa Torres de Xixón, Castro Ventosa de Cacabelos, Viladonga, Castromaior e, ata a actualidade, no de San Cibrao de Las así como nos xacementos de Cidadela e Iria Flavia. Dirixe tamén prospeccións en varios concellos de Galicia e de Castela e León, así como o deseño e montaxe de Centros de interpretación como o do Barbanza no Neixón ou a Aula arqueolóxica de Las Batuecas en Salamanca.

    Para o desenvolvemento deste ciclo contamos cunha axuda de Vicepresidencia Primeira -Cultura- Deputación de Lugo.
     

  • 15 Outubro 2013. Hora: 20:00. Museo Provincial de Lugo

    ACHEGÁMONOS ÁS EXPLOTACIÓNS AURÍFERAS ROMANAS DO ORIENTE DE LUGO E AOS CASTROS DO NORTE DA PROVINCIA

    CASTROS GALAICOS E MINAS ROMANAS NA PROVINCIA DE LUGO

    CASTROS GALAICOS E MINAS ROMANAS NA PROVINCIA DE LUGO

    Entre as etapas ou fenómenos históricos de maior relevancia na historia de Galicia e por tanto da provincia de Lugo, e que ademais ten unha moi importante representación ou manifestación no ámbito patrimonial, están o mundo dos castros prerromanos e galaico-romanos e as explotacións auríferas romanas.
    Por iso, o Club Cultural Valle-Inclán considera de moito interese organizar e desenvolver, de xeito aberto para todo de tipo de público, un ciclo cunha parte teórica e outra práctica, para tratar, por unha banda, dos castros galaicos do norte e nordés lucense incluíndo entre eles o de Taramundi por canto este pertencía orixinariamente ó Conventus Lucensis, e, por outra banda, que contemple o tema das explotacións mineiras auríferas romanas, tanto sobre xacementos primarios ou sobre rocha (nas serras orientais lucenses) como secundarios ou de aluvión (no val do río Sil, entre outros).
    As catro conferencias previstas serán impartidas por especialistas con ampla experiencia no estudo arqueolóxico e histórico daqueles dous temas referidos, o mundo castrexo e a etapa galaico-romana.
    Para complementar axeitadamente o ciclo teórico, o Valle-Inclán organiza a realización de dúas viaxes, guiadas polos mesmos conferenciantes ou  outras persoas especialistas na materia: unha das viaxes centrarase nos castros do nordés e do norte lucense, fundamentalmente de tipo costeiro pero incluíndo o asturiano de Taramundi, e a outra fará un percorrido por algunhas das explotacións romanas máis importantes do val do Sil (como as da zona de Montefurado) e da Serra do Courel (como as minas da Toca e do Torubio).         

    PROGRAMA DE CONFERENCIAS E VIAXES:

    Martes 15 de outubro.- Aurelia Balseiro García (directora do Museo Provincial de Lugo): “A tradición ourive na historia antiga da Mariña lucense”
    Xoves 17 de outubro.- Luís López González (arqueólogo profesional, empresa Terra-Arqueos): “A minería romana do ouro no S.E. da provincia de Lugo”
    Domingo 20 de outubro.- Viaxe polas minas romanas lucenses do Sil e do Caurel (Montefurado, castros e minas do val do Lor...).
    Martes 5 de novembro.- Ángel Villa Valdés (arqueólogo da Consejería de Cultura do Principado de Asturias): “Os castros do occidente asturiano e a súa relación coa minería aurífera”
    Xoves 7 de novembro.- Emilio Ramil González (arqueólogo profesional, empresa AXA Arqueoloxía): “Os castros da costa oriental lucense”
    Domingo 10 de novembro.- Viaxe polo Eo e a Mariña oriental lucense (castros de Taramundi, As Grobas de Ribadeo e Fazouro, Rinlo...).

    Para o desenvolvemento deste ciclo contamos cunha axuda de Vicepresidencia Primeira -Cultura- Deputación de Lugo.

  • 15 Outubro 2013. Hora: 20:00. Museo Provincial de Lugo

    CONFERENCIA: A TRADICIÓN OURIVE NA HISTORIA ANTIGA DA MARIÑA LUCENSE POR AURELIA BALSEIRO GARCÍA

    CASTROS GALAICOS E MINAS ROMANAS NA PROVINCIA DE LUGO

    Aurelia Balseiro García
    Natural do Vicedo, é Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago coa especialidade de Museoloxía, é investigadora recoñecida e especializada en ourivería prerromana do Noroeste. Foi Bolseira de investigación na USC, con formación pedagóxica complementaria e desde outono de 2008 é Directora do Museo Provincial de Lugo.
    Asistiu a un centenar de xornadas, cursos e congresos e ten experiencia como documentalista e no campo das publicacións institucionais e en audiovisuais, pois traballou na xestión cultural da Administración Local desde 1991, onde obtivo a praza de técnico de actividades socioculturais na Deputación Provincial de Lugo.
    Participou en campañas de escavación arqueolóxica e impartiu conferencias sobre temas da arqueoloxía do ouro e do Camiño de Santiago en diversos foros.
    Ten feito publicacións en revistas, periódicos, boletíns e actas de congresos relativas aos dous temas citados e máis á prehistoria, arte, museos, arquitectura popular, etc., entre as que son de destacar os seus dous libros sobre ourivería castrexa lucense.
    Dirixiu, coordinou e foi comisaria de varias exposicións temporais, así como membro de varios xirados e comisións relacionadas co patrimonio cultural.

    Para o desenvolvemento deste ciclo contamos cunha axuda de Vicepresidencia Primeira -Cultura- Deputación de Lugo.

  • 20 Setembro 2013. Hora: 16:00. Burgos

    INICIAMOS A TEMPADA CUNHA VIAXE DE FIN DE SEMANA A BURGOS E ATAPUERCA

    VIAXES: 204  Burgos e Atapuerca

    Viaxe a Burgos, onde estará o aloxamento. O sábado pola mañá visitarase o xacemento e parque prehistórico de Atapuerca e, posteriormente e na mesma cidade de Burgos, o novo Museo de la Evolución Humana. O domingo farase a visita do Mosteiro de Las Huelgas e da Cartuja de Miraflores, situados ambos nas aforas de Burgos.