O Club Cultural Valle-Inclán celebra as Letras Galegas de 2023, dedicadas pola Real Academia Galega ao laurentino Francisco Fernández del Riego. Nos últimos anos programamos esta actividade no derradeiro trimestre, cando semella que xa se olvidou a festa, moi viva nos primeiros meses do ano.
Este xoves, día 26 de outubro, desenvolverase o coloquio “Francisco Fernández del Riego, un lugués universal” no que actuarán de relatoras Malores Villanueva Xesteira e Patricia Arias Chachero, especialistas no estudo, análise e divulgación da vida e da obra de Fernández del Riego.
Profesoras de secundaria da asignatura de Lingua e Literatura Galega, escritoras e investigadoras de recoñecido prestixio no eido cultural de Galicia.
Celebrarase no Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere, ás 19:30 horas.
A entrada é libre. Invitamos a asistir a cantas persoas estén interesadas no tema.
Completamos a celebración coa edición dun marcador de libros, que repartiremos entre os asisentes, e unha viaxe pola Lourenzá de Don Paco na que participará un nutrido grupo de socios do Valle-Inclán.