O venres 26 de abril ás 19’30 h, no salón de actos do C. Cultural do Vello Cárcere e organizada polo C. C. Valle-Inclán dará unha conferencia Francisco Calo Lourido, catedrático xubilado de Xeografía e Historia, arqueólogo e etnólogo, patrón numerario do Museo do Pobo Galego, que falará sobre “O mundo do mar para xentes de terra dentro”, ofrecendo a visión de alguén que coñece ben o mundo marítimo-pesqueiro e que desvelará as semellanzas e diferencias antropolóxicas e sociais entre o medio labrego e o mariñeiro. A charla servirá para contextualizar a viaxe que o Valle-Inclán fará á Mariña occidental lucense o domingo 28 de abril.