Armando Requeixo Cuba, crítico literario, investigador e catedrático de Lingua Galega e Literatura, pronunciará una conferencia co título “Luísa Villalta e a literatura galega do seu tempo”.
Esta intervención abordará os principais socalcos biográficos e intelectuais de Luísa Villalta, ao tempo que achegará panorámicas do seu amplo e poliédrico labor como poeta, narradora, dramaturga, ensaísta, tradutora e música, contextualizando todo este intenso quefacer no seu tempo e nas relacións literarias mantidas con outros escritores e persoeiros dos que foi coetánea.
Rematará o acto coa lectura de textos de Luísa Villalta por un grupo de coñecidos escritores de Lugo e achegados ao conferenciante.
Venres, día 15 de marzo, Salón de Actos de O Vello Cárcere, ás 19:30 horas. Entrada libre e de balde ata completar aforo.
Armando Requeixo, foto de Marcos Candia.