AXENDA / NOVASInicio
  • 02 Decembro 2013. Hora: 20:00. Salón de actos da Deputación Provincial

    DO 2 AO 5 DE DECEMBRO SEMANA DE CINE DOCUMENTAL

    SEMANA DE CINE DOCUMENTAL

    A primeira semana de decembro estará adicada ao cine documetal de acordo co seguinte programa:
    Día 2, Costa da Morte, de Lois Patiño.
    Día 3, Searching for Sugar Man, de Malik Bendjelloul.
    Día 4, Violeta foise aos ceos, de Andrés Wood.
    Día 5, Arraianos, de Eloy Enciso.
    As proxeccións terán lugar no salón de actos da Deputación Provincial, ás 20,00 horas.

    O Club Cultural Valle-Inclán conta cunha axuda da Xunta de Galicia, a través da Federación de Cineclubes de Galicia.

  • 20 Novembro 2013. Hora: 20:00. Galería Sargadelos

    AURORA GARCÍA RIVAS PRESENTA LA MADRIGUERA DE SEPTEM EDICIONES

    PRESENTACIÓN DE LA MADRIGUERA, DE AURORA GARCÍA RIVAS

    La Madriguera.  A Teresa non a satisfai o éxito e regresa á súa terra leonesa. Atrás quedará París, Nova York, San Petesburgo... e o seu persoal empeño en triunfar como pintora. Instálase con Daniela en Corullón e intenta fiar o pasado co presente.
    A través do recordo da súa familia, orixinaria de Lapas de Cabreira, iranos dando unha imaxe do medio social e económico, do carácter e o tesón duns seres inmersos nun mundo illado, inhóspito e fero que, dende finais do s. XIX, esfórzanse por saír da miseria e a ignorancia.
    As minas de Villablino,a Guerra Civil, a represión, os gravames impostos e a rapina do maqui, complican o devir dos días.
    Os escenarios de La Madriguera son Os Ancares, Babia, La Cándana, Los Páramos,e as provincias limítrofes: Asturias, Lugo...

    Aurora García Rivas naceu en La Antigua, San Tirso de Abres. Actualmente vive en Oviedo. Forma parte da directiva da asociación cultural L’Arribada de Gijón.
    É autora de varios libros de poemas e novelas, colabora en diversas revistas e xornais e ten presentado comunicacións e comentarios en congresos e xornadas literarias.
    As súas linguas de comunicación son o galego-asturiano e o castelán.

    A autora estará acompañada polo profesor e escritor Xosé Otero Canto e o vicepresidente do Club Cultural Valle-Inclán, Felipe Arias Vilas.


     

  • 10 Novembro 2013. Hora: 09:00. Oriente Mariña Lucense

    VISITAMOS OS CASTROS DA PARTE ORIENTAL DE MARIÑA LUCENSE

    VIAXES: 206

    Viaxe ós castros da parte oriental da Mariña Lucense, para completar o panorama arqueolóxico das minas e castros galaico-romanos da zona astur-lucense. Iníciase a viaxe no Castro de Taramundi, para ir despois ó Castro das Grobas de Ribadeo, ó lado do faro da Illa Pancha. Logo de visitar o núcleo etnográfico mariñeiro de Rinlo, onde se prevé o xantar, farase unha parada no Castro de Fazouro (Foz) regresando a Lugo por S. Martiño de Mondoñedo.
    Esta viaxe complementarase con dúas conferncias previas á viaxe, a celebrar en Lugo en data e lugar que no seu día se concretará, sobre castros da Mariña e do occidente asturiano, pola súa relación estreita con xacementos da provincia de Lugo, a cargo de arqueólogos especialista neste tema.
     

  • 09 Novembro 2013. Hora: 12:00. Domus do Mitreo

     PATRIMONIO E GASTRONOMÍA

     PATRIMONIO E GASTRONOMÍA

    Visitamos A Domus do Mitreo. É o único lugar onde se pode apreciar perfectamente como a muralla se cimentou sobre parte dun edificio altoimperial (séculos I - III d.C.) que era unha impresionante domus ou gran casa con varias dependencias e mesmo estancias pintadas e con mosaicos.
    Máis tarde, entre os séculos III e V, ampliouse dita domus e erixiuse un mitreo ou pequeno templo para dar culto ao deus Mitra, orixinario do Mediterráneo oriental pero transmitido ata os límites fisterráns do Imperio sobre todo por alto persoal militar e administrativo, como o centurión Victorius Victorinus que dedicou a ara en nome da statio (oficina militar -e seguramente recadadora de impostos-) de Lucus Augusti.
    Despois degustaremos a xa tradicional pulpada do socio que compartimos pasadas as festas do San Froilán.