AXENDA / NOVASInicio
  • 02 Novembro 2016. Hora: 20:00. Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

    No mes de novembro desenvólvese o ciclo Arquitectura de Cine II en colaboración co COAG.

     Arquitectura de Cine II

    O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, delegación Lugo, e o Club Cultural Valle-Inclán organizan o II Ciclo de Arquitectura e Cine, Arquitectura de Cine, que se desenvolverá  no Salón de Actos da Deputación Provincial, en sesión de 20:00 horas,  con presentación e coloquiode, de acordo co seguinte programa:
    * Día 02 de novembro: Arquitectura de emerxencia, Shigeru Ban
    * Día 09 de novembro: A delirante historia de Pagoda, Miguel Fisac
    * Día 18 de novembro: Mies. Mies van der Rohe
    * Día 30 de novembro: Arquitectura imaxinaria, Hans Schahroun

    Máis información en Cine - Programación

     

  • 31 Outubro 2016. Hora: 20:00. Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial

    Semana de cine dedicada a Shakespeare

    Semana de Cine 2016

    O día 31de outubro a semana de cine do 2016 que está dedicada a Shakespeare, ao celebrarse os catrocentos anos do seu pasamento.
    Clásicos de Shakespeare levados ao cinema, de acordo co seguinte programa:
    * Día 31 de outubro: Xulio César, de Joseph L. Mankiewicz.
    * Día 4 de novembro: Trono de Sangue, de Akira Kurosawa.
    * Día 7 de novembro: Romeo e Xulieta, de Franco Zeffirelli.
    * Día 8 de novembro: Traballos de amor perdidos, de Kenneth Branagh.

    Máis información en Cine - Programación.


     

  • 22 Outubro 2016. Hora: 08:00. Ruta arousá de Ramón Mª del Valle Inclán

    Fin de semana pola ruta aurosá de Valle-Inclán

    VIAXES 233

    Os días 22 e 23 de outubro percorremos os lugares vinculados á vida do escritor en Galicia, como a Casa natal e o Museo de Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal, o dolmen de Axeitos e a subida ó Monte da Curota, posible travesía da ría de Arousa en catamarán da Proba a Vilanova, (hotel probablemente en Cambados, conxunto histórico...), o Pazo do Cuadrante-Museo valleinclanesco de Vilanova de Arousa, igrexa e pazo de S. Martiño de Sobrán.

  • 17 Outubro 2016. Hora: 20:00. Salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado.

    O Club Cultural Valle-Inclán e Médicos Sen Fronteiras (MSF) peoxectan en Lugo También la lluvia.

    Proxección de También la lluvia

    No marco da exposición As Vidas da auga de Médicos Sen Fronteiras, en colaboración coa fundación We Are Water e con fotografías de Juan Carlos Tomasi, o Club Cultural Valle-Inclán proxecta También la lluvia, de Icíar Bollaín, e por deferencia de Morena Films.
    Médicos Sen Fronteiras inaugurou o pasado luns, 26 de setembro, a exposición As vidas da auga que permanecerá aberta ata o 27 de outubro na sé de Afundación. Esta exposición narra a través de 27 fotografías de Juan Carlos Tomasi, a importancia deste elemento en Níxer: a auga marca o día día de toda unha poboación.
    Non marco desta exposición, o Club Cultural Valle-Inclán colabora con Médicos sen Fronteiras para mostrar como, ao igual que no Níxer, en moitas partes do mundo as diferentes vidas da auga determinan o destino de milleiros de persoas.
    Faino organizando a proxección da película También la lluvia, de Icíar Bollaín. Narra a loita do pobo boliviano contra unha multinacional estadounidense que quería subir de xeito desproporcionado o prezo da auga, un ben público e esencial para a poboación.
    Mónica Álvarez, expatriada lucense de Médicos sen Fronteiras estará presente  para explicar a importancia da auga en países como Níxer, como a súa falla ou a súa mala calidade poden ter consecuencias graves na vida de moitas persoas.

    Foto: Juan Carlos Tomasi/MSF