Neste retrato sobre unha pequena vila perdida nos bosques entre Galicia e Portugal, momentos de ficción conviven co cotián dos seus habitantes, os arraianos, agora actores que representan a súa propia vida. Realidade, mitos e sonos fúndense neste filme libremente inspirado na obra O bosque do dramaturgo Jenaro Marinhas del Valle. Unha película sobre o tempo, a memoria e a musicalidade da palabra.
Lingua Galego, Portugués.
Festival Internacional de Cine de Autor de Barcelona 2013: Premio da Crítica ao Nuevo Talento D’A 2013 Festival Internacional de Cine Independiente de Buenos Aires (BAFICI) : Premio ao Mellor Longametraxe na Sección “Vanguardia y Género” Festival de Cine Europeo de Sevilla: Premio Nuevas Olas. Festival Internacional de Cine da Unam, México : Mención Especial Transcinema. Festival de Cine de non-ficción de Lima: Premio Transcinema.