Ir o contido principal
Shoots from Abyssinia
Ciclo
Shoots from Abyssinia
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de actos da Deputación Provincial
Director
Ovidio Fernández
Pais
España
Ano da produción
2012
Xénero
Documental
Duración
101
Produción
Catarina Fernández Fondevila
Director de Fotografía
Ovidio Fernández Sánchez
Montaxe
Ovidio Fernández Sánchez
Guión
Ovidio Fernández Sánchez
Intérpretes
Abdul Fernández Fondevila
Sinopse

Abdul, o protagonista, é un neno de 15 anos que vive en Galicia e que decide viaxar á súa terra despois de 4 anos residindo en Europa. O seu pai dálle un libro, "Historia da Etiopía", escrito en portugués hai 400 anos polo frade castelán Pedro Páez. O rapaz empregará este libro como guía perseguindo os pasos do autor. Pouco a pouco a presenza da sombra, do espírito de Pedro Páez, faise máis real, máis latente. Tamén se vai facendo máis real, máis latente, Etiopía. A historia, planeada como viaxe iniciática, chega ao clímax cando finalmente descubre as fontes do Nilo, aquelas que Pedro Páez, 400 anos atrás, descubrira para o mundo. O simbólico bautismo naquelas augas funde lenda e realidade dun neno co seu país, co seu río, coa vida.