Orson Welles recoñecía pasar o 95 por cento do tempo intentando conseguir diñeiro para unha película e só o 5 por cento facéndoa. Con este punto de partida, o director James Toback e o actor Alec Baldwin mostran, durante o Festival de Cannes de 2012, as dificultades económicas para sacar adiante un proxecto cinematográfico, filmando a súa propia experiencia tratando de conseguir o financiamento necesario. Unha busca que lles serve para reflexionar sobre o cine, a súa industria, o glamour e mesmo sobre a vida e a morte.
O director James Toback e o actor Alec Baldwin mostran a cara oculta da industria do cine a través da presentación dun proxecto titulado “El Último Tango en Tikrit” no Festival de Cannes de 2012. Mentras asistimos aos seus encontros cos magnates dos estudios para conseguir financiación, estrelas do cine e célebres directores darán a coñecer a trastenda do mundo do celuloide e as súas propias anécdotas e experiencias.
VOS