Ir o contido principal
Os 12 Trabalhos. Ano 2006.
Ciclo
Sexto ciclo de cine brasileño VOSE
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de actos da Deputación Provincial
Director
Ricardo Elias
Pais
Brasil
Ano da produción
2006
Xénero
Drama
Duración
90
Produción
Politheama Produções Cinematográficas
Director de Fotografía
Jay Yamashita
Guión
Ricardo Elias (Historia: Ricardo Elias, Cláudio Yoshida, Hilton Lacerda, Arthur Autran)
Música
André Abujamra
Intérpretes
Sidney Santiago, Flavio Bauraqui, Beira Mancini, Vanessa Giácomo, Francisca Queiroz, Cynthia Falabella, Cacá Amaral, Lucinha Lins, Luiz Baccelli, André Luís Patrício, Eduardo Mancini
Sinopse

A historia de Heracles, un rapaz negro que vive na periferia de Sao Paulo e ao que lle gosta debuxar. Farto de anos da mala vida e tras saír do reformatorio, decídese a seguir os pasos do seu curmán que traballa de motoboy  nunha empresa de mensaxería na xigantesca cidade de Sao Paolo.
A película narra as 12 entregas que ten que facer no seu primeiro día de traballo. Cada unha móstranos unha cara diferente da metrópole, á vez que nos dá a coñecer a personalidade do mozo, así como as súas preocupacións e a inquietude que lle xera o feito da repartición a unha distinta representación da cidade carioca, que sen este traballo seguramente xamais tivese coñecido. Heracles precisa loitar coa burocracia e a súa propia falta de malicia no novo servizo.

Premios
Produción brasileira galardoada co premio Horizontes Latinos do Festival Internacional de Cine de San Sebastián. Festival de Río, Mellor Actor - Sidney Santiago -. Cine PE – Festival do Audiovisual, Mellor Director - Ricardo Elias - Mellor Actor - Sidney Santiago- Mellor Actor Secundario - Flávio Bauraqui -. Mellor Guión, Mellor Banda Sonora. Festival de La Habana, Terceiro Mellor Filme.