O documental Casa Estudo describe a residencia e taller do arquitecto no antigo barrio de Tacubaya, na cidade de México. Construída en 1948 e convertida posteriormente en museo, na actualidade é propiedade do goberno do estado de Jalisco e da Fundación de Arquitectura Tapatía Luís Barragán. En 2004 a UNESCO recoñeceu a casa como Patrimonio Cultural da Humanidade, considerándoa unha obra mestra do desenvolvemento do movemento moderno, por integrar, nunha nova síntese, elementos tradicionais e vernáculos, así como diversas correntes filosóficas e artísticas de todos os tempos. A casa de Luís Barragán consérvase tal cal a habitou o seu autor ata a súa morte en 1988.
ARQUITECTO. Luís Barragán (Guadalajara, 1902 - México, 1988) Se graduou como arquitecto e enxeñeiro civil en 1925. Tras terminar os seus estudios estivo en Europa durante dous anos. Durante esta viaxe impresionouse da beleza dos xardíns das cidades que visitou, do Generalife de Granada, das Vilas italianas e da costa do Mediterráneo. Desde entón conservou o seu interese pola arquitectura da paisaxe. En 1980 foille concedido o Premio Pritzker de Arquitectura.