Sebastián e Costa traballan xuntos nun ambicioso proxecto: facer unha película sobre Cristóbal Colón e o descubrimento de América. Mentres que Sebastián, o director, pretende desmitificar ao personaxe presentándoo como un home ambicioso e sen escrúpulos; a Costa, o produtor, só lle importa axustar a película ao modesto orzamento do que dispoñen; precisamente por iso elixe Bolivia, por ser un dos países máis baratos e con maior poboación indíxena de Hispanoamérica. A película ródase en Cochabamba, onde a privatización e venda da auga a unha multinacional sementa entre a poboación un malestar tal que fará estalar a tristemente famosa Guerra Boliviana da Auga (abril do ano 2000). Cincocentos anos despois do descubrimento de América, paos e pedras enfróntanse de novo ao aceiro e á pólvora dun exército moderno. Pero esta vez non se loita polo ouro, senón polo máis imprescindible dos elementos vitais: a auga.