Ir o contido principal
Homes de xeo: galegos na Antártida
Ciclo
Ciclo Cine Documental
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director
Carlos Prado Pampín
Pais
España
Ano da produción
2017
Xénero
Documental
Duración
42
Director de Fotografía
Carlos Prado Pampín
Montaxe
Vladimir Nogales
Guión
Carlos Prado Pampín
Música
Torsten Hentschel
Sinopse

 O  buque  de  investigación  oceanográfico  Hespérides  navega  cada  ano  á Antártida para realizar diferentes investigacións científicas. A 15.000 quilómetros de Galicia, os mariños e os homes de ciencia do barco da Armada conviven durante meses para obter datos sobre o quecemento global, o desxeo, os glaciares… boa parte desas persoas que adican a súa vida a mellorar o coñecemento do noso planeta son galegos. Máis dun terzo da tripulación do Hespérides procede de Galicia. Por iso, o Hespérides é un pequeno anaco da nosa terra entre os icebergs do polo sur.
O documental Homes de xeo, narra, a través da experiencia e as voces de tres galegos, o xefe de cociña do barco, un científico, e o patrón de embarcacións do Hespérides, como é a vida na Antártida, o traballo que alí desempeñan, as marabillas que agocha o polo sur, as consecuencias do cambio climático e a morriña que senten tan lonxe da casa. Un traballo que pretende valora-la vida dos galegos en alta mar, como é o seu traballo entre o xeo ao mesmo tempo que amosa-la importancia que ten a Antártida para a saúde do planeta e como o quecemento global comeza a afectar a esta paisaxe. Todo a través dos ollos de tres galego

Idioma: Galego

Iniciarase esta sesión coa proxección da curtra de Carlos Prado Pampín A Mano o a Máquina