Ciclo
Cine decembro 2021
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director
Ángel Santos
Pais
España
Ano da produción
2014
Xénero
Drama | Cine dentro del cine. Amistad
Duración
85
Produción
Matriuska Producciones
Director de Fotografía
Alberte Branco
Montaxe
Fernando Franco
Guión
Ángel Santos, Miguel Gil
Música
Unicornibot
Intérpretes
Andrés Gertrudix, Itsaso Arana, Diana Gómez, Juan Blanco, Marta Pazos, Hugo Torres, Xabier Deive, Fernando Epelde, Iván Marcos, Olalla Tesouro, Borja Fernández, Pablo Piñeiro, Bea Campos
Sinopse
Na súa segunda longametraxe, Ángel Santos (Marín, 1976), bosquexa con precisión e delicadeza unha historia de abandono, de ritmos vitais e regreso ás orixes, unha proposta á que convén volver. Miguel viaxa á súa cidade natal, Pontevedra. Ten a misión de rexistrar as localizacións para unha película. A súa viaxe lévao ao lugar onde medrou, tamén ao reencontro con vellos amigos e, sobre todo, á posibilidade dun novo amor: Alicia, unha moza enfermeira que conseguirá apazugalo. Miguel tratará de levar a termo o seu traballo, aínda que prefira gravar os lugareños cos que se atopa, os movementos e os rostros dos amigos, os trens pasando ou o mar. VOE.