Ir o contido principal
A vida invisível de Eurídice Gusmão
Ciclo
Cine do mundo -Semana 2022-
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere
Director
Karim Aïnouz
Pais
Brasil
Ano da produción
2019
Xénero
Drama | Anos 50. Familia. Melodrama
Duración
139
Produtores
Rodrigo Teixeira, Michael Weber e Viola Fügen
Produción
RT Features, Pandora Film
Director de Fotografía
Hélène Louvart
Guión
Murilo Hauser, Inés Bortagaray, Karim Aïnouz. Novela: Martha Batalha
Música
Guilherme Garbato, Gustavo Garbato
Sinopse

Río de Janeiro, 1950. Eurídice e Guida son dúas irmás inseparables que viven en casa cos seus conservadores pais. Aínda que inmersas nunha vida tradicional, cada unha alimenta un soño: Eurídice o de converterse nunha pianista de renome, Guida o de atopar o amor verdadeiro. Nun xiro dramático, son separadas polo seu pai e obrigadas a vivir en lugares distintos. Terán que tomar así o control dos seus propios destinos, sen perder a esperanza de volver atoparse.

 

Premios

2019:  National Board of Review (NBR): Mellores películas estranxeiras do ano.

2019: Festival de Mar do Prata: Premio do Público.

2019: Festival de Valladolid -  Seminci: 4 premios incluída Espiga de Prata e Actriz.

2019: Premios  Independent  Spirit: Nomeada a Mellor película estranxeira.

2019: Festival da Habana: Mellor fotografía e dirección artística.

2019: Premios Ariel: Nomeada a mellor película iberoamericana.

2020: Premios Platino: Mellor actriz (Duarte). 3 nomeamentos.