Harry Caul é un home tímido e solitario, coñecido como reputado técnico de seguridade privada. Os seus métodos de espionaxe permanecen en segredo. Porén, Harry garda un trauma debido a un incidente laboral do pasado, que lles causou a morte a tres persoas. Cando o director dunha grande empresa o contrata para a gravación aparentemente inofensiva de dous dos seus empregados, Harry Caul ten indicios de que o feito fatal se pode volver repetir. Un thriller mítico, intenso e minucioso, máis preto de Antonioni que do thriller clásico, que gañou a Palma de Ouro en Cannes, permanece como un dos grandes (e menos coñecidos) títulos de Coppola e integra un elenco espléndido que inclúe a Frederic Forrest, Harrison Ford e Robert Duvall.
1974: 3 nominacións ao Oscar: Mellor película, son, guión orixina.l
1974: Globos de Oro: 4 nominacións, mejor película - drama.
1974: Premios BAFTA: Mellor montaxe e mellor banda sonora. 5 nominacións.
1974: Festival de Cannes: Palma de Ouro mellor película.
1974: National Board of Review: Mellor película.
1974: Círculo de Críticos de Nueva York: Nominada a mellor actor (Hackman) e guión.
1974: Sindicato de Directores (DGA): Nominada a Mellor director.
1974: Sindicato de Guionistas (WGA): Nominada a Mellor guión orixinal drama.