Filme documental sobre a zanfona e as marxes deste instrumento desde a óptica dun dos pioneiros galegos. Unha produción de Cántigas da Terra promovida ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-22 da Xunta de Galicia.
A aula de zanfona de Escolas da Terra de Cántigas da Terra liderada por Miro Casabella (1946), inicia unha investigación sobre este máxico instrumento e a súa relación co Camiño de Santiago. Acompañado por dous alumnos avantaxados, Manuel Rioboo e Erea Estévez, Miro viaxa por toda Galicia na procura do organistrum, devanceiro da zanfona e presencia de honor no Pórtico da Gloria. Mesturando amizades con paisaxes, música de cego con clases maxistrais, os protagonistas completan un mosaico sobre a importancia deste instrumento, considerado por algúns intelectuais como a alma de Galicia.