Naomi, medio irmá de Ivie, aparece de súpeto para informarlle sobre o funeral inminente en Senegal do pai que teñen en común. Para Ivie, que vive coa súa nai branca en Leipzig, acaba de terminar a súa carreira en maxisterio e busca traballo, isto significa un duro enfrontamento coa súa historia “africana”. Naomi agudiza a perspectiva de Ivie sobre a súa identidade como afroalemana, sobre todo en experiencias cotiás racistas ou discriminatorias que Ivie non ve como problemáticas, debido á súa situación privilexiada como académica, xa que ocorren con demasiada frecuencia e posiblemente xurdan da ignorancia, o costume ou a irreflexión. A directora, Sarah Blasßkiewitz, tómase moito tempo e tamén lles dá tempo ás súas actrices para desenvolver os personaxes e as súas vidas, ás veces con alegría, ás veces con dor. Un conmovedor debut sobre o autodescubrimiento dunha muller nova.
VOSE
Colabora Instituto Goethe, Madrid.
2020: Premios do Cine Alemán: Mellor actriz secundaria (Lorna Ishema).