Ir o contido principal
Vikingland
Ciclo
Sesións de Filmoteca abril 2026
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Casa do Saber
Director
Xurxo Chirro
Pais
España
Ano da produción
2011
Xénero
Documental | Inmigración. Cine experimental
Duración
99
Produción
Filmica Galaika
Director de Fotografía
Luis Lomba "O Haia"
Montaxe
Xurxo Chirro
Guión
Xurxo Chirro. Novela: Herman Melville
Música
Senén Outeiro
Sinopse

Un singular filme (galego) que obtivo recoñementos en Marsella, Mar del Plata e Gijón, o éxito creativo do ano. Detectando á perfección as tendencias creativas da mellor non ficción contemporánea, Vikingland, “idea e manipulación” a cargo de Xurxo Chirro, provén dun material acumulado alleo, produto das gravacións persoais do mariñeiro Luis Lomba ‘o Haia’, compañeiro de viaxe do pai de Chirro, e realizadas en Dinamarca e Alemaña entre outubro de 1993 e marzo de 1994. Unha inmersión moderna e rotundo cuestionamento do (suposto) atraso estético audiovisual propio, un título pletórico e inzado de humor –retranca-, Chirro plantexa unha transposición máis que libre do Moby Dick de Melville –incrusta unha estrutura narrativa dividida en capítulos- que lle permite engarzar coa mellor tradición da remontaxe, procurándolle un novo sentido ás (sorprendentes) imaxes e fundindo con sagacidade diario, epístola, ensaio e apropiacionismo, un fresco discurso sobre a condición da mirada, o efecto de representación e as consecuencias do metarrelato.

VOG

Premios

Festival de Cine Independente de Lima (2013). Premio da Crítica Internacional (FIPRESCI) 

Festival Márgenes de cine español (2013). Premio á Mellor película (ex aequo) 

Festival Play-Doc (2012). Premio á Mellor película.