Antonio Ricci é un obreiro desempregado na Italia da posguerra que por fin atopa un bo traballo pegando cartaces pola cidade de Roma. Para este cómprelle unha bicicleta, e por desgraza o primeiro día róubanlla. Antonio e o fillo Bruno comezan unha busca desesperada para recuperala por toda a cidade, os dous saben que sen ela Ricci non poderá conservar o posto. Ladrón de bicicletas, obra mestra do neorrealismo italiano, é un duro testemuño da vida en Italia tras a Segunda Guerra Mundial. Trátase dunha película ateigada de actualidade, autenticidade e realismo. Interpretada por actores non profesionais que dotan os seus personaxes de dignidade na súa loita pola supervivencia.
VOSE
1949: Oscar: Premio especial á Mellor película estranxeira. Nominada á Mellor guión
1949: Globo de Ouro: Mellor película estranxeira
1949: Premios BAFTA: Mellor película
1949: 6 premios Sindicato Nacional de Periodistas Italianos: Incl. Película, director
1949: National Board of Review: Mellor película, director
1949: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor película estranxeira