República Democrática Alemá (RDA), verán de 1989. Hanna é unha nova e disciplinada nadadora cuxo gran soño é competir algún día nos Xogos Olímpicos. Con todo, tanto ela como o seu amigo Andreas caen baixo a estrita vixilancia da policía secreta do réxime (Stasi). Ao ver os seus proxectos de estudo e o seu futuro destruídos pola arbitrariedade, a desconfianza e as represalias do Estado socialista, comprenden que a súa única saída cara a unha vida en liberdade radica nunha fuxida desesperada a través do Mar Báltico: cruzando a nado esa fronteira azul.
En colaboración co Instituto Goethe de Madrid
VOSE
Festival de Cine Max Ophüls Preis (2024): Premio do Público ao mellor longametraxe de ficción, Premio do Xurado Ecuménico
Filmfest Bremen (2024): Premio á Mellor película da rexión de Bremen
Visuelle Frauenfilmtage Oberhausen (2024): Premio á mellor película