O Edificio Yacobián, en El Cairo, segue sendo unha construción fascinante. Erixido en 1934 e bautizado co nome do líder da comunidade armenia, considerouse durante moito tempo o último grito en comodidade e elegancia. O Edificio Yacobían é unha adaptación literaria da novela do mesmo título de Alaa Al Aswany, un dos escritores árabes máis reputados actualmente, éxito de ventas en Exipto dende a súa publicación en 2002 debido ao xeito de explorar a vida complexa dos exipcios entre 1938 e 1952, ano da chegada de Nasser ao poder. Cando xurdiu este fenómeno literario, Good News Group decide comprar os dereitos do libro e producir a película que contou co presuposto máis alto na historia do cinema exipcio O director Marwan Hamed baséase no” best seller” mundial de Alaa Al Aswany para facernos un retrato coral das vidas anónimas duns cantos seres humanos onde se conxugan as súas paixóns e debilidades e se reflicte a idiosincrasia da sociedade exipcia contemporánea, o que lle permite abordar temas candentes nun país cheo de contrastes, como a corrupción política, o idealismo dos mozos, a discriminación da muller, o fundamentalismo relixioso e a diferenza entre as clases sociais.