
Shigeru Ban. Arquitectura de Emerxencia
O documental ARQUITECTO INGLÉS, LEGADO AMERICANO, investiga, por un lado, a influencia da Antigüidade en Soane, seguindo os seus pasos por Roma e Sicilia; e por outro lado, como a súa particular reinterpretación do clásico condicionou aqueles arquitectos americanos que se mantiveron alleos ós ditados do Movemento Moderno.
ARQUITECTO. Sir John Soane (1753-1837)
Arquitecto inglés de xenio pouco común, que influíu profundamente nunha xeración de arquitectos americanos, entre eles: Henry Cobb, Michael Graves, Philip Johnson, Richard Meier, Robert Stern, Denise Scott Brown e Robert Venturi. Todos eles recoñecen a súa débeda con Soane e a súa ideosincrásica reinterpretación da arquitectura da antigüidade.