Ir o contido principal
Eileen Gray. Invitación á viaxe
Ciclo
Arquitectura de Cine III
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director
Jörg Bundschuh
Ano da produción
2011
Duración
60+30
Sinopse

Eileen Gray. Invitación á viaxe
O documental  INVITACIÓN Á VIAJXE  fai un percorrido intelectual e vital da arquitecta, así como unha descrición exhaustiva da casa que comezou a construír  en 1926, xunto a Jean Badovici, baixo o enigmático nome de E.1027, unha das vivendas privadas máis importantes da arquitectura moderna. Oitenta anos despois, atópase en estado de ruína, pechada ó público e á espera de ser reformada. A casa está alonxada e oculta das miradas dos transeúntes. Esta é a primeira vez que as cámaras filman a través do seu enreixado.

ARQUITECTO. Eileen Gray (1878-1976)
A arquitecta anglo irlandesa non só foi unha das máis destacadas figuras da modernidade do século XX, senón tamén unha muller que levou unha vida liberal e independente, que rompeu coas vellas convencións. Eileen Gray é, en arquitectura, o homólogo coetáneo de aqueles escritores ou artistas anglosaxóns que, ó igual que os seus compatriotas, James Joyce e Samuel Beckett, optaron polo camiño do exilio cultural. Común a todos eles foi o seu afán por dinamitar a mórbida rixidez da moral vitoriana reivindicando o emocional, o vital, o sensitivo, a través da nova razón.