Charles e Ray Eames. O arquitecto e a pintora.
Charles Eames (1907-1978) e Ray Kaiser (1912-1988) revolucionaron o mundo do deseño en Estados Unidos a mediados do século XX polas súas destacadas e pioneiras contribución á arquitectura e ó deseño de mobles, así como na área do deseño industrial, a fabricación, a fotografía e o cine. Dende o "Eamery", un antigo almacén en Venice, crearon unha variedade alucinante de produtos: férulas para militares feridos durante a 2ª Guerra Mundial, a célebre cadeira "Plywood", interiores e exposicións multimedia, xogos, películas e xoguetes: O máximo do mellor para o maior número de xente, polo mínimo prezo. En 1949 deseñaron e construíron a súa propia casa en California, a Case Study House 8, formando parte do programa promovido pola revista Arts e Architecture, considerada unha das residencias da posguerra máis relevantes a nivel mundial.
O documental O ARQUITECTO E A PINTORA, narrado polo actor James Franco, é a primeira película realizada trala morte dos Eames. Nela móstranse multitude de arquivos inéditos, cartas de amor, fotografías, vídeos e o prolífico legado da parella, así como a súa vida persoal e a súa influencia sobre os acontecementos importantes na vida estadounidense.