Tras manter unha aventura cun home casado, a famosa actriz Younghee decide tomarse un tempo. Para iso viaxa á cidade de Hamburgo, onde ficará na casa dun coñecido. Isto non impedirá que siga pensando no que deixou atrás.
As películas de Hong Sangsoo sempre convidan a seren lidas en clave autobiográfica, mais a súa décimo novena película quizais sexa a máis persoal de cantas se fixeron, unha sopesada e clara resposta aos frenéticos titulares de prensa que fixeron tremer a súa vida tras darse a coñecer a súa relación coa actriz Kim Minhee. Centrada na portentosa interpretación de Kim, que gañou o Premio á Mellor Actriz na pasada Berlinale, En la playa sola de noche é o traballo dun mestre na procura de novas capas de profundidade emocional no seu cine.
VOSE