Ir o contido principal
Palmira - Matria -Pois iso, que te quero - Atisbos
Ciclo
Sesións de Filmoteca maio 2018
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Casa do Saber
Director
Varios
Pais
España
Ano da produción
2017
Duración
69
Sinopse

Palmira
(España, 2017)
Dirección e fotografía: Diana Gonçalves. Montaxe: Álvaro Gago. Dur: 32 min. Galego
Sinopse: A vida transcorre lentamente, repetitiva. Un corpo cansado pero á vez resistente. Do outro lado da cámara, a tentativa de atopar ese intre fugaz que nos revela algo máis da vida. Da observación á construción co propio personaxe.

Matria
(España, 2017)
Dirección e guión: Álvaro Gago. Fotografía: Lucía C. Pan. Intérpretes: Francisca Iglesias Bouzón. Dur: 20 min. Galego.
Sinopse: Perante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de se refuxiar na relación que a une á filla e á neta.
 
Pois iso, que te quero
(España, 2017)
Dirección: Beatriz del Monte. Intérpretes: Irene Beceiro, Amparo Calvo, Manolita González e Balbina Cibreiro. Dur: 12 min. Galego.
Sinopse: Nais e fillas. Catro xeracións dunha mesma familia. Toman café, charlan e rin, mais tralos risos agochan silencios gardados durante anos, porque aínda lles queda moito por se dicir.

Atisbos
(España, 2017)
Dirección: Iria Silvosa, dixital, cor, Dur: 5 min. Galego
Sinopse: Atisbos é a exploración da vila en que nacín, que agora se torna fantasmagórica e estraña.