Ir o contido principal
O león dorme esta noite
Ciclo
Sesións de Filmoteca novembro-decembro 2018
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Casa do Saber
Director
Nobuhiro Suwa
Pais
Francia, Xapón
Ano da produción
2017
Xénero
Drama | Cine dentro del cine
Duración
103
Produción
FILM-IN-EVOLUTION, Les Productions Balthazar, Bitters End
Director de Fotografía
Tom Harari
Montaxe
Martial Salomon
Guión
Nobuhiro Suwa
Música
Olivier Marguerit
Intérpretes
Jean-Pierre Léaud, Pauline Etienne, Maud Wyler, Arthur Harari, Isabelle Weingarten, Noë Sampy, Jean-Louis Berard
Sinopse

Jean, un nomeado actor de cine, é convocado a unha rodaxe no sur de Francia, moi preto da casa en que coñeceu na súa xuventude a Juliette, o grande amor da súa vida. Durante un descanso, aproveita para visitar unha amiga e percorrer os espazos de antano. Un grupo de nenos interrompe de súpeto a nostalxia que o axexa: preparan un filme de terror nas súas vacacións e comezan a perseguilo porque queren que Jean o protagonice. Este encontro, entre o que fora protagonista de Los 400 golpes e os seus rebuldeiros sucesores, desencadea un conto fantástico inesperado e revelador bañado polo toque oriental característico do seu autor.
VOSG

Premios
2017: Festival de San Sebastián: Sección oficial