Ir o contido principal
Honeyland
Ciclo
Tres directoras cine documental
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director
Tamara Kotevska, Ljubomir Stefanov
Pais
Macedonia do Norte
Ano da produción
2019
Xénero
Alimentación, economía e consumo, medio ambiente
Duración
85
Produción
Atanas Georgiev ( Trice Films)
Director de Fotografía
Fejmi Daut, Samir Ljuma
Música
Foltin
Intérpretes
Hatidze Muratova
Sinopse
Nunha rexión remota e montañosa dos Balcáns, Hatidze Muratova vive coa súa nai enferma nunha aldeíña sen estradas, nin electricidade nin auga corrente. Ela dedícase a criar colonias de abellas nunhas cestas feitas a man que deixa escondidas entre as rocas. Grazas a un ritual secreto, o prezado líquido que producen, non se esgota nunca. Sen protección nin axuda, é capaz de amansarlas para poder extraer o mel e vendela á cidade máis próxima. A chegada dunha familia nómade coa súa furgoneta destartalada, sete fillos inquietos e un rabaño de gando parece estorbar a paz de Hatidze e das súas abellas. Nun primeiro momento, recíbeos cos brazos abertos, ofrecendo o seu afecto, o seu brandy e os seus consellos de apicultura. Pero non pasa moito tempo antes de que Hussein, o patriarca da familia nómade, visualice a oportunidade para poñer en práctica os seus intereses comerciais co mel para poder alimentar aos seus nenos. A pesar de que a chegada da familia proporciona compañía e alivio á soidade de Hatidze, tamén provoca unha desfeita na orde natural da zona e unha ameaza aos seus medios de supervivencia. Un retrato sobrecogedor que fala sobre a desaparición dunha forma de vida, e que evidencia o fráxil equilibrio entre humanidade e natureza a través da mirada dunha muller resiliente e extraordinaria. V.O. en dialecto turco, subtitulada en castelán.
Premios
Nomeada aos Premios Óscar a Mellor Película Internacional e a Mellor Documental – Estados Unidos, 2020 World Cinema Grand Jury Prize, Sundance – Estados Unidos, 201. Special Jury Award for Impact for Change, Sundance – Estados Unidos, 2019. Special Jury Award for Cinematography, Sundance – Estados Unidos, 2019. Golden Athena Best Documentary Award, Athens International Film Fest – Grecia, 2019. Jury Award, BIFF – Estados Unidos, 2019. Best First Documentary & Most Compelling Subject, Critics’ Choice Documentary Awards – Estados Unidos, 2020. Best International Film, DocAviv Film Fest – Israel, 2019. Premio TV3 a Mellor Documental, DocsBarcelona – España, 2019. Grand Prix Bank Millenium Award, Millennium Docs Against Gravity – Polonia, 2019. The Maior of Gdynia Award to Best Documentary, Millennium Docs Against Gravity – Polonia, 2019. Special Jury Prize, Sarasota Film Festival – Estados Unidos, 2019. Critics Award to International Film & New Directors Competition Award to Best Documentary, São Paulo International Film Festival – Brasil, 2019. Espiga Verde, SEMINCI Valladolid – España, 2019.