
“La danza de la lluvia é un filme cuxo argumento discorre polas sempre inesperadas e complicadas relacións sentimentais, mais non as xulga, simplemente acompaña unhas persoas que, ao igual que todos, son incapaces de evitaren que o amor, para ben ou para mal, volva a abalar as súas vidas. Se é verdade que o amor está no aire, tamén é certo que hai moita xente con problemas respiratorios. Unha persoa chea de sabedoría dixo que o amor é coma a chuvia, e posiblemente, sexa unha metáfora atinada, mais por esa mesma razón, non debemos esquecer que nunca chove a gusto de todos. La danza de la lluvia é unha película romántica aderezada con pingas de humor, e en cuxo transfondo se agochan paixóns reprimidas, medos e a difícil convivencia co noso ego. A nosa intención é conseguir que moitas persoas, despois de vela, saian á rúa dispostas a darlle sempre outra oportunidade ao amor.” (Alber Ponte) VOE.