O Club Cultural Valle-Inclán pecha o primeiro semestre cinematográfico do ano con tres “Sesións de Filmoteca” que se proxectarán no me de xuño de acordo co seguinte programa:
- Día 1: Oh Boy, de Jan Ole Gerster. Alemaña, 2012. PREMIOS: 2012: 6 Premios do Cine Alemán: incluíndo mellor película, director e guión. 2013: Festival de Sofía: Mellor película. 2013: Premios do Cine Europeo: Premio Discovery. 4 nominacións.
- Día 8: Estaba en casa, pero..., de Angela Schanelec. Alemaña, 2019. PREMIOS: 2019: Festival de Berlín: Mellor dirección 2019: Festival de Mar do Prata: Mellor director (ex aequo).
- Día 15: Catro curtas galegas, Premios Mestre Mateo.
- A nena azul, de Sandra Sánchez. 2018. PREMIOS: Mestre Mateo 2019: Mellor Curtametraxe de Ficción.
- Xoves de comadres, de Noemí Chantada, 2020. PREMIOS: Festival de Málaga: Premio del público. 2021 Mestre Mateo: Mellor curtametraxe de Imaxe Real.
- Carne, de Camila Kater. Brasil, España, 2020. PREMIOS: 2021 Premio Mestre Mateo á mellor curtametraxe de animación.
- Xan, de Lucía Estévez, 2020. PREMIOS: 2021 Premio Mestre Mateo á mellor webserie.
En colaboración coa Filmoteca de Galicia - CGAI e segundo convenio asinado coa AGADIC, Axencia Galega das Industrias Culturais.