Ir o contido principal
Presentación da novela" Maldad", de Leticia Sierra
Presentación da novela" Maldad", de Leticia Sierra

O Club Cultural Valle-Inclán presenta a novela Maldad de Leticia Sierra nun acto que se desenvolverá o venres, día 14 de outubro de 2022, no Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere, a partir das 20:00 horas. Acompañará a autora Mª del Carmen Longarela, secretaria do club.

Tras o seu encomiado debut con Animal, Leticia Sierra nos acerca de novo ao abismo da alma humana e obríganos a mirar aquilo que ninguén quere ver. Nesta descarnada novela, a autora exponnos se a infancia é un xogo tan inocente como pensamos e empúxanos cara a unha pregunta incómoda: ¿a que idade nace en nós a maldade?