Logo dunha parada no núcleo histórico e etnográfico de Sta. Mª de Leboreiro no Camiño Francés, iremos á igrexa románica de Sta. Mª de Melide, coas súas boas pinturas murais renacentistas, e despois á igrexa prerrománica de S. Antoniño de Toques na súa vizosa paraxe. Despois de tomar o polbo na afamada pulpería Ezequiel, faremos unha visita ó interesante e exemplar Museo da Terra de Melide e tamén ó conxunto histórico da vila, que ten varios elementos de interese.